Buscar en el sitio


Contacto

Formateatro
formateatro@gmail.com

625950262
Santiago de Compostela

Teatro: 

SON DA CORDA , estreada o 10 de Maio de 2010 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, conta a historia de tres mulleres de distinta procedencia que por diferentes causas, coinciden na sala de espera da consulta dun psiquiatra.
 
Alcira, muller de porto de mar sen estudos, é nai solteira froito da violación que sufriu cando tiña 15 anos. Ten como confidente unha gaivota á que chama María Soliña. 
 
Claudia é directiva dunha empresa de organización de eventos que padece crises de ansiedade recorrentes. 
 
Eva a secretaria, pasou de ser a protexida dun vello adiñeirado a ser un xoguete nas mans do seu amante o psiquiatra.
 
O nome da gaivota de Alcira, esperta o interese de Claudia que é unha apaixoada das biografías das mulleres galegas e este feito, marca o inicio da comunicación entre ambas as dúas.
Ás poucas, as mulleres irán redescubrindo aspectos da súas persoas totalmente esquencidos. Personalidades opostas que abrirán novos camiños e pecharán outros sempre baixo o acubillo das súas soidades. 
 
 
FACENDO O PATUCO, é unha comedia de trinta minutos de duración, onde as personaxes Chuco de Pallas e Muñiz, discuten por ser o Papa Noel duns grandes almacenes no Nadal, por quen leva o mellor disfraz no antroido, por que está máis posto nas novas tecnoloxías...Ó final, móstrase que, en realidade, as súas discusións non teñen razón de ser, xa que é todo unha "ida de pinza" que teñen cada día á mesma hora na súa residencia de terceira edade.