Buscar en el sitio

Contacto

Formateatro
formateatro@gmail.com

625950262
Santiago de Compostela

SON DA CORDA

Tres mulleres, tres vidas, unha sala de espera

12.02.2014 16:24

Son da corda

12.02.2014 16:21
Tres mulleres de distinta procedencia e por diferentes motivos, coinciden na sala de espera dun psiquiatra. Alcira, muller de Cangas, fala cunha gaivota á que chama María Soliña. O nome da gaivota, esperta a curiosidade da directiva Claudia que é unha apaixoada das biografías das mulleres galegas....

Benvidos a nosa web

Benvid@s á páxina web da compañía Forma Teatro. Dende aquí queremos darvos a coñecer o noso traballo orientado cara á expresión corporal, o teatro e a narrativa oral.  

O principal obxectivo dos obradoiros de expresión corporal para nen@s é fomentar dende o xogo a súa autoestima, partindo das súas cualidades innatas e orientando a súa actitude de apertura cara á expresividade corporal.

Nos obradoiros de expresividade corporal de adultos partimos da creación conxunta dun clima que propicie vínculos de confianza e respeto, para poder valorar o proceso creativo do diálogo corporal. 

No teatro para adultos a obra Son da Corda, conta o inicio da comunicación de tres mulleres, que coinciden na sala de espera dun psiquiatra coa única pretensión de normalizar as súas vidas.  O que en principio parece ser unha situación de soedade e de profunda necesidade de compartir, acaba convertíndose nun caos absoluto, motivado polo abuso de poder que exerce o psiquiatra (personaxe actancial) fronte a vulnerabilidade das súas pacientes. 

Facendo o patucoé unha comedia de trinta minutos de duración, onde os vellos Chuco das Pallas e Muñiz discuten por facer de Papa Noel nuns grandes almacenes no Nadal, por quen manexa mellor as novas tecnoloxías, quen leva o mellor disfraz de antroido, quen lee máis.... As personaxes amosan unha realidade subxectiva. O que parece ser ...non é. O final, o absurdo é discusións que non teñen razónde ser, xa que todo é unha ida de pinza que se repite cada día á mesma hora.

Na forma de narrativa oral, os bebecontos e contacontos de Choupiña e Trasnón, os trasnos do bosque máxico, achegan ós nenos ó teatro facéndolles partícipes dos contos interactivos baseados na expresión corporal e na creación conxunta e improvisada.